galego


Manifesto: Na defensa dos dereitos fundamentais en Internet

justiciaAnte a inclusión no anteproxecto de lei sobre a economía sostible das modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades de expresión, de información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores de Internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que …

  1. Os dereitos de autor non poden estar por riba dos dereitos fundamentais dos cidadáns, incluíndo o dereito á privacidade, a seguridade, a presunción de inocencia, a tutela xurisdicional efectiva e a liberdade de expresión.
  2. A suspensión dos dereitos fundamentais é e debe seguir sendo unha competencia exclusiva do Poder Xudicial. Nin un peche sen unha sentenza. Este anteproxecto, ao contrario do disposto no artigo 20.5 da Constitución, pon en mans dun corpo non xudicial, un organismo dependente do Ministerio de Cultura, a potestade de poder impedir o acceso dos cidadáns españois a calquera páxina web.
  3. A nova normativa vai xerar inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, perxudicando unha das poucas áreas de desenvolvemento e futuro da nosa economía, dificultando a creación de empresas, introducindo barreiras á libre competencia, e trabando a súa expansión internacional.
  4. A nova lexislación proposta ameaza aos novos creadores e dificulta a creación cultural. Coa Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratízase drasticamente a creación e emisión de todo tipo de contidos que xa non veñen principalmente das tradicionais industrias culturais, se non de moitas fontes distintas.
  5. Os autores, como todos os traballadores teñen dereito a vivir do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades relacionadas coas súas creacións. Tentar de soster con modificacións lexislativas unha industria anticuada que non sabe adaptarse a ese novo ambiente non é xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio baséase no control das copias dos traballos e na Internet non é posible sen violar os dereitos fundamentais, terán que atopar un outro modelo.
  6. Cremos que as industrias culturais precisan para sobrevivir de alternativas modernas, eficaces, credíveles, accesíbeles e que atendan os novos usos sociais, en vez de limitacións tan desproporcionadas coma ineficaces para o fin que afirman perseguir.
  7. Internet debe funcionar libremente e sen interferencias políticas patrocinadas por grupos que buscan perpetuar modelos de negocio obsoletos e impedir que o coñecemento humano siga sendo libre.
  8. Demandamos que o Goberno asegure por lei a neutralidade da rede en España, ante calquera presión que poida ocorrer, como un marco para o desenvolvemento dunha economía realista e sostible para o futuro.
  9. Propoñemos unha reforma real dos dereitos de propiedade intelectual co fin de: retornar á sociedade o coñecemento, impulsar o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.
  10. Nunha democracia as leis e as súas modificacións deben ser aprobadas despóis do debido debate público e de ter consultadas todas as partes implicadas. É inaceptable que se fagan modificacións lexislativas que afectan os dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que trata de outro tema.

Programa Banda Ancha da Radio Galega

RadioNa úlima Noite Galega das Telecomunicacións (a cena anual do colexio de enxeñeiros de telecomunicación) tiven a sorte de coñecer a Xosé María Fernández Pazos, director da Revista Codigo Cero e do programa da Radio Galega Banda Ancha. Por certo, a última hora, a directiva do colexio tomou a esperpéntica decisión de non reparti-los exemplares do número especial da revista “Código Cero” editados para a Noite Galega, supoño que é unha cacicada de Televés, que ten copada a xunta directiva, xa que na portada da revista aparecía propaganda de BluSens e de Arteixo Telecom.

Son de agradecer estas iniciativas nuha terra na que a radio e a televisión públicas están inundadas de vacas e mariscadores, un auténtico oasis no deserto. Todo o meu apoio para eles:

Blog do Programa Banda Ancha