Na úlima Noite Galega das Telecomunicacións (a cena anual do colexio de enxeñeiros de telecomunicación) tiven a sorte de coñecer a Xosé María Fernández Pazos, director da Revista Codigo Cero e do programa da Radio Galega Banda Ancha. Por certo, a última hora, a directiva do colexio tomou a esperpéntica decisión de non reparti-los exemplares do número especial da revista “Código Cero” editados para a Noite Galega, supoño que é unha cacicada de Televés, que ten copada a xunta directiva, xa que na portada da revista aparecía propaganda de BluSens e de Arteixo Telecom.
Son de agradecer estas iniciativas nuha terra na que a radio e a televisión públicas están inundadas de vacas e mariscadores, un auténtico oasis no deserto. Todo o meu apoio para eles: